Faino tí mesmo: faite dixital
Maiores en Rede é un movemento social xurdido en Santiago de Compostela que procura construír unha sociedade máis participativa e xusta para todas as persoas, sen diferenzas de xénero nin idade. A formación tecnolóxica práctica érguese cada día como máis necesaria e urxente para todas as persoas, ben sexa para uso persoal, profesional o de negocios.
Manexar as ferramentas (ordenador, tablet ou móbil) é fundamental, do mesmo xeito que ter os coñecementos para saber buscar en Internet e facer un blog ou unha páxina web. Para ter voz propia e non falar só de oídas. Agora está ó dispor de todos. Faino ti mesmo, faite dixital.
|
|